Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sociedade

O Rosal fixo historia na edición 2024 das festas de Verán O Pilar

Este ano tivo lugar a actuación conxunta das Fillas de Cassandra e a Banda do Rosal, entre outros

Sobre estas liñas, concerto de Fillas de Cassandra coa Banda  do Rosal. Á dereita, a Praza  do Calvario ateigada.   | // D.P.

Sobre estas liñas, concerto de Fillas de Cassandra coa Banda do Rosal. Á dereita, a Praza do Calvario ateigada. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

d.p.

[O Rosal]

A Praza do Calvario é testemuña ano tras ano de múltiples eventos e actuacións, mais o acontecido os pasados 24, 25 e 26 de xullo nas festas de Verán O Pilar ben seguro que quedará marcado no calendario da localidade como un acontecemento histórico.

O Rosal fixo historia na edición 2024 das festas de Verán O Pilar

O Rosal fixo historia na edición 2024 das festas de Verán O Pilar

A diversa programación do evento foi o elemento clave para que non quedase ninguén sin cativar, pois tivo cabida a música, dende a máis tradicional á actual, o humor, o xadrez e, como non, a festa.

O mércores 24 deu comezo a celebración co xa consolidado Festival Xente Xida, organizado grazas á Asociación do Trebón dos Xidos, que co seu esforzo e dedicación animaron O Rosal cunha cita multitudinaria na que non faltou nin a comida, nin a bebida, nin, por suposto, a boa música, da man nesta ocasión de Airiños do Cereixo, B.G. Paramos, Os Terribles de Donas e os propios Trebón dos Xidos e Xente Xida.

A misa cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal xunto coa banda da mesma foi a encargada de iniciar a programación do día de Galicia, que a localidade celebrou por todo o alto. Xa pola tarde, aos rosaleiros e rosaleiras tocoulles concentrarse e sentarse fronte aos taboleiros para desfrutar do torneo de xadrez, organizado pola Asociación Albatros e que celebraba a súa V edición.

O xogo e a estratexia deron paso a un Encontro dos Pobos no que de novo a música e baile tradicional e a alegría déronse cita na Praza do Calvario. Todo isto dentro do marco dunha actividade organizada por Do Lusco ó Fusco, que foron os encargados non só de traer o seu talento dende A Guarda, senón tamén de conseguir que nos acompañasen o Grupo Penaguda, de Meaño, e o Ensemble Dido, chegados dende Serbia para participar nesta actividade do máis internacional.

Xa pechando a programación do 25 de xullo, as rosaleiras e os rosaleiros foron testemuñas dunha actuación histórica, o concerto conxunto das Fillas de Cassandra coa Banda do Rosal. Unha xuntanza que representa un punto de inflexión non só na música rosaleira, senón tamén na galega, ao tratarse da primeira vez que se fusionan as cancións deste dúo cun ámbito cun percorrido histórico tan amplo en Galicia como é o das bandas de música; polo que as persoas asistentes desfrutaron deste concerto máxico nunha Praza do Calvario máis abarrotada ca nunca.

Unha cita inesquecible onde se repasou o repertorio do dúo grazas ao inmenso traballo que fixeron ambas partes, coordinadas polo director da banda Javier Alonso Pérez e Andrés Álvarez, compositor encargado dos arranxos.

Ademais, “esta xuntanza serviu tamén para conmemorar outro soño cumprido, o da consecución para este ano da posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música”, tal e como destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

E remataron as festas o venres cun público do máis animado e multitudinario que se achegou a ver a actuación dos Netos do Rosal, que co seu humor están a recoller grandes éxitos participando na TVG; e como colofón final, o DJ Cristian Pereyra foi o encargado de animar esa última noite na que reinaron o bo ambiente e a música, pechando así estas históricas Festas do Verán o Pilar 2024 que non deixaron indiferente a ninguén coa súa variedade de actividades para tódolos gustos.

Tracking Pixel Contents