Igualdade

“VivaMos ca liberdade de sentir” é o lema do Orgullo en Mos

Hoxe celébrase unha marcha pola diversidade

A bandeira LGBTQIA+ loce na fachada da casa consistorial.   | // D.P.

A bandeira LGBTQIA+ loce na fachada da casa consistorial. | // D.P.

D. P.

Ana Isabel Monzón Otero de 45 anos, e natural da parroquia de Pereiras, é a autora da frase gañadora do V Concurso de Frases do Orgullo: “VivaMos ca liberdade de sentir”.

O Concello de Mos vén convocando dende fai 5 anos un concurso de frases co motivo do día do Orgullo LGBTQIA+ organizado dende as Concellerías de Igualdade e Xuventude.

Ademais deste concurso os actos reivindicativos do Orgullo deste ano en Mos inclúen tamén a Marcha Camiñamos pola Diversidade que se celebra esta mesma mañá de sábado. Un percorrido circular con saída ás 10.00 horas dende o CEIP Mestre Martínez Alonso.

Tal e como explicaba o concelleiro de Igualdade, Leo Costas, “queremos seguir mobilizándonos a favor dos dereitos LGBTQIA+ e facer partícipe a nosa poboación”.

“O día do Orgullo LGBTQIA+ é o venres 28 de xuño e dende o Concello queremos darlle a visibilidade á diversidade sexual e de xénero”, explicaron os edís Costas e Julia Loureiro, concelleira de Xuventude.

A frase gañadora do concurso, “VivaMos ca liberdade de sentir” é o slogan de este ano e permanece exposta ata o día 4 de xullo na pantalla da Rotonda das Angustias.

O criterio de valoración que se tivo en conta á hora de ditaminar o fallo do concurso, foi a coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.

O xurado estivo composto polo concelleiro de Igualdade, en calidade de presidente; a directora do Centro de Información á Muller; a psicóloga do Departamento de Servizos Sociais e a técnica do Departamento de Xuventude e Participación, que actuou tamén como secretaria.

O premio para a frase gañadora é un libro electrónico valorado en máis de 150 euros.