A Vía Mariana presentarase en FITUR 2025

turismo

y A ruta de 380 quilómetros atravesa trece concellos da provincia de Pontevedra

Xuntanza celebrada no Palacete das Mendoza.   | // FDV

Xuntanza celebrada no Palacete das Mendoza. | // FDV

d. p.

A Vía Marina atravesa os concellos pontevedreses da Cañiza, A Lama, Arbo, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures e Valga, sumando na provincia preto de 140 dos seus 380 quilómetros e sete das súas 18 rutas. É unha combinación de pequenos camiños locais de advocación mariana que van aos principais santuarios portugueses e galegos mediante itinerarios antigos, de devocións a santos milagreiros.

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros dos municipios da provincia polos que descorre a Vía Mariana, unha ruta de preto de 400 quilómetros que une os santuarios de devoción mariana desde Braga (Portugal) ata Muxía. Na xuntanza, unha primeira “toma de contacto” para buscar vías de colaboración para impulsar este percorrido na que tamén participou o alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, así como membros da Asociación Vía Mariana Luso-Galaica, Nava Castro comprometeuse a presentar este camiño en FITUR 2025. “Sabemos que hai moito traballo por diante, pero desde Turismo Rías Baixas imos poñer todas as ferramentas posibles para que isto siga promocionándose e cheguemos a máis xente”, sinalou asegurando que “traballar unidos, da man cos concellos, sumando sinerxías, é sempre garantía de éxito”.

A deputada provincial remarcou o interese desta ruta, “que mostra o patrimonio histórico, natural e paisaxístico da provincia e contribúea a diversificar a oferta turística de Pontevedra”.

Guía de mochila

Desde que se comezou a fraguar esta ruta, no ano 2018, a Asociación xa entregou aproximadamente 250 ‘marianas’, é dicir, o diploma acreditativo de ter completado o percorrido enteiro, e nos próximos días, como anunciou a presidenta, María José Silva, presentarán a ‘Guía de mochila da Vía Mariana’, con recursos e información para os camiñantes sobre as diferentes etapas. Na actualidade, esta ruta conta con 70 promotores entre institucións públicas e privadas, asociacións, comunidades de montes e particulares.

Tracking Pixel Contents