Cultura

Teatro cómico para festexar os 40 anos do conservatorio de música

Píscore deleitou en Gondomar co seu ultimo espectáculo “Molto Barroco”

Actuación de Píscore en Gondomar.   | // FDV

Actuación de Píscore en Gondomar. | // FDV

D. P.

O cuarteto cómico de percusionistas “Píscore” presentou na Praza Rosalía de Castro de Gondomar o seu último proxecto “Molto Barroco”. Volveu así á Vila Condal un dos grupos máis divertidos de Galicia para todas as idades cunha nova peza chea de risas e sorprendentes números cómico-musicais.

O espectáculo encadrouse na conmemoración do 40 aniversario do Conservatorio Municipal de Gondomar. Así, formou parte dun conxunto de actividades que o alumnado desfrutou en dúas xornadas de convivencia, onde incluso quedaron a durmir no centro. Tamén participaron dunha sesión de ioga e meditación, da man de Eva Blanco, e unha masterclass de danza contemporánea, moderno e breakdance, cos bailaríns Rubo e Alejandra Teixeira, da Escola de danza Unidance de Vigo.