Salceda de caselas

Patrimonio, festa e gastronomía na Muiñada de Budiño

Participou máis dun cento de persoas que fixeron a súa propia fariña

Arriba, actuación do grupo de gaitas Xunco. Abaixo, reparto das papas | //DP

Arriba, actuación do grupo de gaitas Xunco. Abaixo, reparto das papas | //DP

d. p.

A tradicional muiñada de Budiño, en Salceda de Caselas, reuniu a máis de cen persoas na súa sexta edición. Organizada polo Centro Cultural O Coto, a xornada comezou cunha andaina que transcurriu por varios dos muíños da parroquia, algúns dos cales contan con paneis interpretativos adicados á cultura popular, etnografía e valores naturais do espazo; diferentes lugares de interese natural, como son as beiras do regato da Ameixeira, as fragas do río da Becerreira e parte do LIC Gándaras de Budiño; rematando no Parque Etnográfico do Regueiro, concretamente no Muiño do Cubo, un dos muiños emblemáticos da parroquia de Santo Estevo de Budiño, xa recollido no catastro da Ensenada de 1752, e que foi restaurado en 2014 para poder moer de novo.

Patrimonio, festa e gastronomía na Muiñada de Budiño

Patrimonio, festa e gastronomía na Muiñada de Budiño / d. p.

O muiño púxose en marcha e explicouse o seu funcionamento, de modo que as persoas asistentes puideron ver como traballa e facer a súa propia fariña. Coa fariña obtida da moenda, misturada con azucre e leite, Marina, Mucha e Herminia, veciñas da parroquia, elaboraron as tradicionais papas para ser degustadas por todas as persoas asistentes, ofrecendo tamén un petisco a base de diferentes alimentos.

Trátase dunha actividade que presenta tamén unha importante compoñente sentimental para a veciñanza, por unha parte para as persoas de maior idade porque lembran a época na que elas mesmas tiñan que ir moer, e por outra para as máis cativas, porque poden ver en funcionamento algo totalmente novidoso para elas, explicado polos seus avós e avoas.

Neste celebración cobra unha gran importancia o grupo de gaitas, xa que ademais de amenizar o evento, dalle un maior carácter cultural á actividade, pondo en contexto a orixe da muiñeira e permitindo desfrutar da nosa música popular. Nesta edición, púidose escoitar as pezas interpretadas polo grupo de gaitas Xunco da veciña parroquia de Parderrubias.

Tracking Pixel Contents