Tomiño

O curso baixa o pano co éxito das extraescolares

220 escolares participaron nas seis actividades ofertadas polo Concello

Actividade de “Cociña” no CEIP Pintor Antonio Fernández.  | // FDV

Actividade de “Cociña” no CEIP Pintor Antonio Fernández. | // FDV

d. p.

O Concello de Tomiño pecha un novo curso escolar co éxito das actividades extraescolares que cada ano organiza de balde. 220 escolares de todos os niveis educativos participaron nas seis actividades postas en marcha, dúas delas de nova oferta. Así, a rapazada estreou ‘Xogando a ser artistas’, a través da cal a cativada se iniciou no deseño e na creación artística no CEIP Plurilingüe de Tebra e no CRA Mestre Manuel Garcés, e ‘Robótica con LEGO’, unha innovadora actividade de iniciación á programación e á robótica que se impartiu no CEIP de Barrantes.

Por outra banda, o alumnado puido volver desfrutar este curso coas actividades de ‘Multideporte’ no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, de ‘Lingua de signos’ no CEIP de Sobrada, de ‘Cociña’ no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e de ‘Inglés’ no IES Antón Alonso Ríos.