Benestar

Mos celebra o Festival Saúde Natural

Hoxe e mañá no pavillón Óscar Pereiro

Pasada edicióndo Festival Saúde Natural en Mos.   | // FDV

Pasada edicióndo Festival Saúde Natural en Mos. | // FDV

D. P.

Con entrada gratuíta e un total de 43 postos, celébrase esta fin de semana a terceira edición do Festival Saúde Natural en Mos. Trátase dun evento anual que celebra e promove enfoques integrais para a saúde, o benestar e a vitalidade.

Ao longo destas dúas xornadas de festival, as persoas participantes reúnense para explorar unha ampla gama de prácticas e técnicas naturais que abranguen dende a naturopatía, reflexología, acupuntura, masaxe ata a nutrición consciente.

Dende clases de Ioga e pilates ao aire libre, ata talleres de meditación guiada, obradoiros infantis, taller de alimentación crudivegana e moito máis, o festival ofrece unha experiencia única que inspira ás persoas a tomar o control da súa saúde de forma integral

Ademais das actividades prácticas, o festival conta tamén con ponencias de expertos en saúde e benestar, como médicos, biólogos, matronas naturópatas, etc.

O público asistente terá a oportunidade de aprender e compartir coñecementos sobre como levar unha vida máis saudable e equilibrada de forma natural. Tamén participan nesta terceira edición cinco autores que firmarán exemplares dos seus libros unha vez finalizada cada unha das súas charlas.

A organización trata de ofrecer “un ambiente vibrante e acolledor”, neste festival que con tan só dúas edicións nas súas costas tense convertido nun punto de encontro clave para aquelas persoas que buscan explorar e celebrar os beneficios dun enfoque integral cara o coidado do seu corpo e mente.

O festival ofrece unha programación pensada para todas as idades, con música en directo, comida e inchables para os máis pequenos da casa.