Cultura
Cinco civilizacións antigas tomarán as rúas do Porriño do 12 ao 14 de xullo
A vila celebra unha nova edición de Porrigalia e os Xogos Olímpicos

Celebracion de Porrigalia, o pasado ano no Porriño. | // FDV
d. p.
Galos, romanos, castrexos, exipcios e gregos volverán invadir Porriño un ano máis. O Concello prepara a cita máis histórica e festiva do ano, Porrigalia, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo. Os integrantes das cinco civilizacións desfilarán polas rúas da vila e competirán nos seus particulares Xogos Olímpicos. Todo elo enmarcado nunha ampla programación na que non faltará a música, a gastronomía, diversos espectáculos e actividades para todos os públicos.
De feito, unha pequena mostra da festa que haberá no Porriño durante esas tres xornadas puido verse na xa tradicional PrePorrigalia, unha festa infantil da que participaron máis dun cento de escolares, a pasada semana, na praza do Arquitecto Antonio Palacios .
Inscricións abertas
O prazo de inscrición para participar nos desfiles de Porrigalia permanecerá aberto ata mañá, 30 de xuño.
Poderán optar ao premio por asistencia, que é de 300 euros por comparsa, as anpas dos centros educativos, as asociacións culturais e veciñais e os clubs deportivos do Concello do Porriño e a Asociación Española Contra o Cancro. Os grupos deben estar integrados por un mínimo de 8 compoñentes e acudir caracterizados dunha das cinco civilizacións de Porrigalia.
As bases destes desfiles así como toda a información respecto desta celebración pódese consultar na páxina web porrigalia.org
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado