Turismo

Baiona retoma as visitas “Seguindo os pasos de Drake”

Serán o 27 de xullo e 17 de agosto para a cativada e o 13 de xullo e 3 e 24 de agosto para público adulto

Participantes nunha visita anterior.   | // FDV

Participantes nunha visita anterior. | // FDV

D. P.

A Concellería de Turismo de Baiona reanuda, logo do éxito da primeira visita guiada durante a Semana Santa, as visitas guiadas na península de Santa Marta baixo o título “Seguindo os pasos de Drake”, dirixidas a público infantil e pensadas para realizar en familia.

A actividade céntrase na chegada do corsario inglés Francis Drake a esta zona da vila, destacando os elementos significativos do lugar. A información preséntase dunha maneira didáctica, empregando xogos e adiviñas para facer a experiencia máis amena e educativa.

O Concello ten fixada xa dúas datas, unha en xullo, o sábado 27, e outra en agosto, o sábado 17. O punto de encontro será ás 11.30 horas no posto de salvamento da praia de Santa Marta.

A maiores, debido á gran acollida desta iniciativa por parte do público adulto, organizarase tamén estas visitas enfocadas a un perfil máis amplo. Neste caso programáronse tres visitas, a primeira o 13 de xullo e as outras dúas en agosto, os días 3 e 24.

Todas estas visitas son gratuítas, pero requiren inscrición previa, a cal debe realizarse unha semana antes de cada actividade na Oficina de Turismo de Baiona, ben sexa por correo electrónico enviando un email ao enderezo oficinadeturismo@baiona.gal o por teléfono chamando ao número 986 68 70 67.