Axenda

Fin de semana de fútbol e gastronomía en Nigrán

Degustación de mexillóns gratuíta mañá en Panxón

D. P.

Hoxe e mañá celébrase en Praia América o torneo de fútbol Praia “Stop Odio” de Brais Méndez. Trátase dunha iniciativa de loita contra o odio e a exclusión social do que participará cativada de categorías infantil e cadete.

A axenda da fin de semana complétaa a Festa do Mexillón. O Concello de Nigrán recupera esta evento gastronómico que hai más de dez anos se celebraba como preámbulo do San Xoan. Será mañá domingo, a partir das 11.00 horas na lonxa do porto pesqueiro de Panxón, na que se ofrecerán de xeito gratuíto 500 quilos de bivalvo cocido, ademais de viño branco e tinto.

As festas de San Xoan celebraranse do 23 ao 25 de xuño en Panxón. Diferentes orquestras porán ritmo a esas tres noites, a primeira delas será a máis grande e máxica, a das fogueiras na praia e a última a dos tradicionais fogos de luces. Tampouco faltarán á cita a Coral Novos Aires de Nigrán (misa cantada do día 25) e a Banda Militar da Brilat. O 26 será o Día do Neno.