Conferencia

”O falar das pedras” celebra dúas novas sesións

Serán os venres 21 e 28 de xuño

d. p.

O ciclo de conferencias “O falar das pedras” organizado polo Arquivo Histórico e a Biblioteca Municipal de Baiona, a través da Concellería de Cultura, iniciou unha nova edición este mes de xuño. Así, todos os venres de mes, ás 20.00 horas no multiusos de Sabarís, celebrase unha conferencia cuxo obxectivo é promocionar, divulgar e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial da vila.

A seguinte cita será o día 21, cando Anxo Rodríguez Lemos, doutor en Historia, expoña “A desaparición do barrio de A Palma. As consecuencias dunha guerra (1640-1668). Para clausurar o ciclo, a última das conferencias, o venres 28, correrá a cargo de Arturo Abad Pardo, licenciado en Dereito e Historia, que falará de “As Xurisdicións reais de Baiona durante a Guerra de Sucesión: territorio, vida e persoas, 1700-1714