Lectura

A Biblioteca de Nigrán incorpora pictogramas

Identifican a temática dos libros facilitando a súa busca

Colocación dos pictogramas. | // FDV

Colocación dos pictogramas. | // FDV

d. p.

O Concello de Nigrán dá un paso máis a prol da accesibilidade cognitiva da biblioteca municipal ao incorporar pictogramas para a identificación temática dos libros. O obxectivo é facilitar a busca de exemplares a todas as persoas usuarias, sendo ademais unha fórmula de comunicación especialmente indicada en trastornos do espectro do autismo (TEA) por ser pensadores moi visuais.

Así, ata o momento clasificouse a totalidade da sala infantil con preto de 10.000 exemplares e continuarase coa literatura xuvenil. A idea partíu da Escola Infantil As Dunas (Panxón) tras unha visita e, inmediatamente, o persoal da biblioteca púxose a traballar.

En cada balda, xunto ao nome xenérico de cadansúa temática, incluíuse un pictograma (debuxo simple dun obxecto que representa un concepto). Así, por exemplo, en teatro figuran unhas máscaras, en astronomía o sistema solar e uns animais en zooloxía.