Un tributo a Juan Pardo inaugura o Verán Cultural de Covelo

Concerto en Covelo.   | // D.P.

Concerto en Covelo. | // D.P.

d.p.

Un tributo a Juan Pardo con Antonio Barros e Ialma o 8 de xuño en Casteláns abrirá a programación do Verán Cultural de Covelo. Con esta actuación, que terá lugar ás 18:00, o Concello presenta un programa con actividades para tódolos públicos. Descentralizar é o obxectivo que persegue o Concello ao distribuír en distintas parroquias as propostas culturais e lúdicas. De xeito rotatorio cada verán procura achegar ás parroquias algunha das actividades deseñadas para o goce da cidadanía.

O día 15, Barcia de Mera acollerá un novo concerto do Ciclo de Música con Ensemble Orphelion ás 20:00. O día 21 en Covelo e tamén ás 20:00 chega a cita co teatro, coa compañía A Utópica Rodante e De Vilatriste e Vilalegre. O 23 haberá unha visita guiada ao Serradoiro dos Carranos e aula da natureza. O 25 comezará o VII Campus Multideporte, o 29 en Barcia de Mera a veciñanza terá sesión de cine, e o 30 a ruta de sendeirismo guiada Pedra do Lobo.

En xullo iniciaranse as clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga, o día 5 en San Salvador de Prado ofértase Ceo De Verán-Paraxe Starlight guiada por Julio Eiroa. O día 6 haberá cita coa Mostra de Produtos de Covelo con música e obradoiros para a cativada. Este mesmo día en Barcia de Mera terá lugar un novo concerto do Ciclo de Música e o día 13 cine de verán na praza Mestre Cerviño. O día 19 contos infantís no centro, e o 20 un novo concerto de música clásica en Barcia de Mera. A Festa da Xuventude chegará o día 20 para abrir o programa das festas patronais e do churrasco nas que volverán as orquestras, concursos, concertos e gastronomía no Campo da Feira.

En agosto o programa continúa con cine, festa da bicicleta, feira de artesanía, clases de natación, charangas, roteiros e actividades infantís. O alcalde, Pablo Castillo, sinala que seguirán apostando por actividades variadas para todos os públicos e convida a gozar das rutas e paraxes naturais, da praia fluvial e da oferta gastronómica.