Seguridade

A Policía Local de Mos intensifica o control do transporte escolar

A iniciativa da DXT ten o obxectivo de mellorar a seguridade dos menores

Policía local inspeccionando un autobús.   | // D.P.

Policía local inspeccionando un autobús. | // D.P.

d.p.

A Policía Local de Mos, decidiu unirse á nova campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Esta campaña, especificamente dedicada ao control do transporte escolar, ten como principal obxectivo aumentar a seguridade dos menores durante os seus desprazamentos escolares.

A Policía Local mosense realizou inspeccións exhaustivas sobre os vehículos de transporte escolar. As revisións inclúen a verificación de autorizacións e documentos, a comprobación das condicións técnicas e elementos de seguridade, así como a revisión dos cintos e sistemas de retención. Ademais, os axentes levan a cabo controis sobre os condutores para asegurar que posúen os permisos necesarios e que respectan os tempos de condución e descanso establecidos.

A seguridade dos menores debe ser a máxima prioridade no transporte escolar e por medio desta campaña faise un rigoroso control dos vehículos e condutores, e sensibilízase a todos os involucrados sobre a importancia de seguir as normas de seguridade. Nesta campaña controlouse especialmente que se circule á velocidade permitida e que non se faga uso do teléfono móbil ou outros aparellos que supoñan distracción. Tamén se realizaron controis de alcol e drogas. Ademais, debido á importancia que ten o cinto de seguridade en caso de accidente, prestarase especial atención ao o seu uso.

Por suposto, verificáronse tamén, tanto que as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo sexan os que esixe a normativa, como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución ou os tempos de condución e descanso.