Primavera

Redondela abre o prazo de inscrición para os Maios

A festa celebra a chegada do mes das flores y O prazo estará aberto ata o 23 de abril

Un dos maios de Redondela, na pasada edición da Festa.   | // D.P.

Un dos maios de Redondela, na pasada edición da Festa. | // D.P. / d.p.

d.p.

O remate do frío inverno e o comezo da primavera motivan nesta data unha celebración popular e moi antiga en diferentes puntos de Galicia, na que Redondela é un referente.

Rita Pérez, Concelleira de Cultura, sinala que a celebración non se limita á exposición de fermosas esculturas elaboradas con elementos naturais, “senón que é unha xornada na que a veciñanza de todas as parroquias se achega á vila para compartir un día de festa, ledicia e retranca”. O 1 de maio os protagonistas desta festa son “os propios veciños e veciñas de todas as idades, que realizan os maios, preparan as coplas e interprétanas para deleite de todo o público”. No concurso que organiza o Concello premiaranse as mellores figuras segundo a súa tipoloxía, e tamén as composicións das coplas. Conos e cruceiros, que son as estruturas enmarcadas na categoría de maio tradicional, compartirán espazo cos maios artísticos, de temática e forma libre, onde o único límite é a imaxinación dos participantes.

O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de abril para as asociacións e colectivos que desexen participar no concurso, tanto no rexistro do Concello de Redondela como na sede electrónica.

O Concello, que destina unha axuda de 100 euros a cada maio que se presente ao concurso, outorgará tamén un total de 12 premios repartidos a razón de 3 en cada unha das categorías: Premio ás coplas, Premio á interpretación, Premio ao maio tradicional, e Premio ao maio artístico. Todos eles teñen as mesmas contías económicas cun primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

Tracking Pixel Contents