Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Medio ambiente

Baiona súmase á loita contra a vespa velutina

Integrarase no convenio entre a Xunta e a FEGAMP para o control desta vespa

Unha das novas trampas.   | // D.P.

Unha das novas trampas. | // D.P. / D.P.

D.P.

[Baiona]

A Xunta de Galicia comezou recentemente a instalar as 86 trampas para velutina que se colocarán no municipio de Baiona. Trátase dunha proba piloto posta en marcha este ano pola administración autonómica co fin de mellorar o trampeo, posto que será xeolocalizado, cun cógido identificativo en cada unha para o seu seguimento, Baséase na ubicación das colonias do ano anterior, priorizando estes lugares e as zonas de colmeares.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, solicitou por primeira vez adherirse ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a coordinación de accións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control contra a Vespa Asiática.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “mediante este acordo trataremos de pór a disposición dos veciños e veciñas información, ademais de coordinar co goberno autonómico a retirada das colmeas”.

A Xunta conta dende 2020 cun plan centralizado de loita contra a vespa velutina, que avanza cada ano coa implantación das novas tecnoloxías para habilitar novas formas de contacto coa cidadanía, complemantarias ás chamadas ao teléfono 012. Por exemplo, a aplicación Controlvelutina, que os efectivos de Seaga empregan para xestionar avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observación en cada caso e o resultado final.

Tracking Pixel Contents