Exposición

Xoguetes e monumentos, feitos maqueta

O maquetista tudense Luis Arias expón na súa vila natal unha mostra de Exin Castillos que recolle monumentos tudenses e construcións infantís

Exposición “Re-construíndo soños con ladrillos”.   | // D.P.

Exposición “Re-construíndo soños con ladrillos”. | // D.P. / d.p.[

d.p.[

Tui]

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a exposición “Re-construíndo soños con ladrillos” unha mostra de maquetas e construción infantís realizadas por Luis Arias Rodríguez, veciño de Tui e membro da Asociación Exin Castillos y West.

Como sinala o propio maquetista, “co xoguete faise historia, dicía un anuncio dos anos 70 do pasado século, e nesta mostra cos ladrillos de Exin Castillos (de patente española) podemos construír e reconstruír soños, tanto dos nenos actuais como dos que, hai ano,s fomos nenos”.

A empresa Exin fabricou soguetes entre os 60 e 1993, e foi unha das empresas máis populares e queridas de España e Latinoamérica, polos seus xoguetes de construción e habilidade presentados en características caixas hexagonais.

Na exposición podemos contemplar maquetas con aventuras en castelos, cos Pitufos, con Shrek, con Lucky Luke, cos fortes do Oeste americano e mesmo a irredutible aldea gala de Asterix. Una escolma que nos permite xogar e imaxinar sen limites, nesta visita creativa e diferente para pasar un Nadal en familia.

Completan a exposición diversas maquetas históricas de Tui: por exemplo, a igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, un dos fitos patrimoniais tudenses, e as escavacións arqueolóxicas no seu subsolo, datadas nos últimos tempos do Imperio Romano e nos inicios da Alta Idade Media, ou a gran cruz monumental do monte Aloia, levantada pedra a pedra, no ano 1900.

Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, agradece o traballo de Luis Arias na montaxe desta exposición, que está convencida resultará de interese tanto para a rapazada tudense como para os adultos que evocaran os seus xogos e xoguetes de construción da súa infancia.

Esta mostra permite achegarnos ao mundo das construcións e os xogos con Exin Castillos, pero tamén a unha parte escolmada do patrimonio cultural tudense, a través das maquetas realizadas con habelencia por Luis Arias Rodríguez.

Esta exposición está aberta ata o 5 de xaneiro, de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h, e os sábados de 9 a 13 h.

Tracking Pixel Contents