A Raia
Tui e Valença preparan a Cabalgata Internacional de Reis
Será o 5 de xaneiro ás 17.00 horas y Sairá da estación do tren de Valença

Imaxe da X Cabalgata internacional. | // FDV / d.p.
d.p.
A Eurocidade Tui-Valença ultima os preparativos para a celebración o próximo venres, 5 de xaneiro, ás 17 h da Cabalgata Internacional de Reis. Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a Eurocidade cargados de ilusión nunha noite máxica.
A unha semana da celebración desta singular cabalgata de Reis, que se celebra entre dous municipios de dous países, as carrozas nas que subirán os Reis Magos están case a punto, a falta dalgún pequeno detalle. Ademais coordínase toda a seguridade do evento así coma o plan de tráfico que se establecerá ao longo das rúas por onde pasará a comitiva real.
Un ano máis os Reis Magos chegarán en tren ata Valença, para subir logo ás súas carrozas reais coidadosamente decoradas e iluminadas, dende as que saudarán á poboación dunha e doutra beira do Miño. A vella Ponte Internacional, rúa común entre Tui e Valença, e porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués a Santiago, será un dos puntos destacados do percorrido que rematará no Paseo da Corredoira, onde os cativos e cativas que o desexen poderán saudar persoalmente aos Reis Magos.
Sairá o venres 5 de xaneiro ás 17 h dende a Estación do Tren de Valença para rematar no Paseo da Corredoira en Tui
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, encargados da organización da Cabalgata Internacional de Reis, darán a coñecer o próximo martes os detalles concretos do evento, dende os horarios previstos de pase por distintos puntos, á composición da comitiva real, e outros aspectos dun evento destacado na programación da Eurocidade.
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Una vecina de Aldán, mordida por una serpiente en la mejilla
- Vigo tendrá la última salida en AVE de Madrid más temprana del país
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo capta un vuelo a Marruecos
- Una explotación de Rodeiro pierde 22 vacas fulminadas por un rayo
- Movilizado un operativo de búsqueda en la ría de Vigo por una falsa alarma