Sociedade
Santa Trega nunca pasa de moda
A Guarda remata o ano con máis de 10.000 persoas atendidas na oficina de turismo

Mirador Monte Santa Trega. // D.P. / d.p.
d.p.
Ante a expectativa dun aumento notable na chegada de peregrinos e outros visitantes, a Oficina Municipal de Turismo ampliou o seu horario de atención este ano, chegando a abrir os domingos nos meses de maior afluencia.
Durante este ano foron atendidas na Oficina de Turismo máis de 10.000 persoas interesadas en coñecer e visitar a Guarda e os seus arredores.
O Monte de Santa Trega mantense no número 1 das consultas realizadas. No verán, as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, e as saídas de navegación na embarcación do Piueiro son as actividades máis demandadas.
O 40% das persoas que visitan a Oficina pernoctaron no municipio. Unha grande porcentaxe dos turistas son nacionais, e a maioría de visitantes internacionais son peregrinos, a excepción de portugueses e franceses, que tamén estána crecer nestes últimos anos.
No referente ao Monte Santa Trega pódese afirmar que segue a ser o recurso máis destacado da Guarda, mantendo os visitantes anuais. Tamén houbo un incremento das visitas didácticas concertadas para os centros escolares, e para adultos. O museo de Santa Trega fechou as súas portas por este ano, regresando o 15 de febreiro como ven sendo habitual.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- Extinguido el impresionante incendio en una nave de gestión de residuos en Porriño
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- Pesquerías Nores emitió despachos falsos al menos durante ocho mareas
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía