Deporte

A San Silvestre solidaria une dous países

Máis de 500 persoas participaron este ano na carreira internacional

Momento da saída da carreira.   | // D.P.

Momento da saída da carreira. | // D.P. / d.p.

d.p.

A Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño promoveu, no pasado día 23 de decembro, sábado, unha nova edición da proba solidaria San Silvestre cun percurso de cinco quilómetros polas rúas e prazas das dúas localidades fronteirizas ligadas, dende 1995, por unha ponte internacional sobre o río Miño, denominada “João Verde-Amador Saavedra”, en homenaxe aos dous poetas raianos.

O percorrido da carreira foi dende a Praza do Concello, en Salvaterra do Miño, ata a Praça Deu-la-Deu, en Monção.O custo de inscrición na carreira foi a entrega dun alimento non perecedoiro para ser distribuído entre as familias con dificultades económicas de ambos municipio.

Esta iniciativa transronteiriza pretende simbolizar o cariño e a solidariedade con quen máis a necesita, asumíndose tamén como un reforzo da boa relación existente entre as dúas localidades da beira do Miño.

Para facilitar a participación dos corredores e corredoras, a organización puxo á súa disposición un autobús para voltar á Salvaterra dende Monçao.

Salvaterra despedirá hoxe o ano co concerto de saxofón “Volta ós Oríxenes” a cargo de Miguel Bargiela. Será na Casa da Cultura ás 20:30.

A benvida ao ano próximo será familiar, coa proxección o día 3 do filme “Tadeo Jones 3”, ás 17:30 na Casa da Cultura.

Os Reis Magos de Oriente chegarán á Salvaterra de Miño o día 5 de xaneiro. Será nunha cabalgata que tamén fará honor ao vínculo entre as dúas beiras do Miño, accedendo ao municipio a través da ponte internacional, para atender á cativada na Praza do Concello, a partir das 16:00.