Cultura
Redondela volve despedir o ano con novas festas hoxe e mañá
Logo da de onte en Chapela, o Concello organiza unha esta noite e outra infantil mañá

Celebración da festa pre fin de ano infantil o pasado ano. | // FDV / l. c.
l. c.
O Concello de Redondela despide o ano por partida tripla con dúas festas para o público mozo e adulto e unha dirixida aos máis pequenos da casa.
Onte a noite, o paseo marítimo de Chapela acolleu a actuación da orquestra Olympus nunha celebración na que non faltou o repenique das doce badaladas. E hoxe volverán a soar no Campo da Feira de Redondela nunha festa, que dará comezo ás 22.00 horas, amenizada pola orquestra París de Noia e a discoteca móbil CDC. En ámbolos dous actos as uvas que se reparten teñen carácter solidario; Son da Man, Cáritas Redondela e Asociación Contra o Cancro de Redondela serven as 12 uvas a cambio de doazóns voluntarias que van destinadas integramente a estes tres colectivos.
Mañá domingo será a quenda da cativada. A festa infantil pre fin de ano celebrarase á vez na Praza da Constitución, en Redondela, e na alameda Rosalía de Castro, en Chapela, entre ás 11.00 e as 13.00 horas. Será unha celebración chea de música, xogos e actividades para que os nenos poidan despedir o 2023 e á que non faltara a Coca Simona,
A programación cultural do Concello de Redondela continuará xa na primeira xornada do ano 2024, con actividades ao longo de toda a vindeira semana. Así, o 1 de xaneiro, ás 19.00 horas no auditorio da Xunqueira, a Orquestra de Saxos ofrecerá un concerto, onde ao día seguinte, ás 18.00 horas, o Mago Teto presenta o seu espectáculo “Pequenas grandes maxias”. O mércores 3, ás 18.00 horas, no multiusos de Chapela, represéntase a obra “Ghop!” de Teatro ó Cubo. E o xoves día 4, de novo no auditorio da Xunqueira, ás 18.00 horas, teatro infantil “Antón, un neno diferente”. Todas estas actividades son con entrada de balde.
Reis Magos

E como cada véspera do Día de Reis, Redondela recibirá a visita das Súas Maxestades de Oriente. Ás 18.00 horas do venres día 5 de xaneiro iniciarán o percorrido polas rúas da vila e posteriormente celebrarase unha recepción Real na Casa do Concello. Tamén en Chapela, Melchor, Gaspar e Baltasar desfilarán nas súas carrozas dende o Alto da Encarnación.
Por outra banda, o Concello ofrece tamén a posibilidade de realizar unha videochamada cos Reis Magos. Para elo é preciso facer reserva a partir do vindeiro luns, 18 de decembro, a través da páxina web www.barafundaanimacion.com.
E como xa é tradicional, as rondallas e ranchos de reis porán o broche de ouro á programación de Nadal o día 6 de xaneiro a partir das 10.00 horas polas rúas de Redondela.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia