Nadal

Ponteareas celebra un Nadal multidisciplinar

A estrela da súa programación é o ‘videomapping’

‘Videomapping’ de Nadal.   | // A.G.

‘Videomapping’ de Nadal. | // A.G. / d.p.

d.p.

Ponteareas continúa ata o 6 de xaneiro coas proxeccións de videomapping, que cada noite enchen de cor e movemento a fachada da casa consistorial.

Estas proxeccións teñen lugar ao caer a noite, a partir das 19:00 horas, e é só entón cando os veciños e as veciñas que se achegan ao Concello poden descobrir as animacións que iluminan o edificio e que están vencelladas tanto ao Nadal como ás tradicións da vila do Corpus.

O videomapping de Nadal proxéctase en 4 pases por noite: ás 19:00, ás 20:00, ás 21:00 e ás 22:00 horas.

No marco da programación do Nadal, mañá día 31 terá lugar a partir das 16:00 a carreira de San Silvestre. A proba infantil será ás 16:30, e a de persoas adultas, ás 17:30. O prazo de inscrición rematou o día 26, e non se admiten inscricións no día da proba. A carreira sairá da Praza Maior.

A benvida ao ano darana os Reis Magos de Oriente, que visitarán aos nenos e nenas de Ponteareas e as súas parroquias os días 3 e 4 de xaneiro. Tamén o día 3 terá lugar o espectáculo “A bailar no nadal”, na carpa da Praza Maior ás 17:00.

O venres 5 de xaneiro, os Reis Magos serán recibidos ás 12:30 no Salón de plenos, para percorrer despois as rúas da vila na Cabalgata de Reis que terá lugar a partir das 18:00. A programación de Nadal pecharase o 14 de xaneiro 0 no Auditorio Reveriano Soutullo.