Deporte

A judoka rosaleira Verónica Pérez, medalla de ouro

A moza, que adestra no C.D. Baixo Miño fecha o ano 2023 cun excelente balance de recoñecementos

Pérez, cos membros da corporación.   | // D.P.

Pérez, cos membros da corporación. | // D.P. / d.p.

d.p.

[O Rosal]

O Concello do Rosal recibíu a pasada semana á rosaleira Verónica Pérez Pacheco, do C.D. Baixo Miño, que competíu no Campionato de España absoluto de Judo, celebrado en Navarra o mes pasado.

Pérez competíu na categoría de -57kg, na que acadou a medalla de ouro. Chegou a este campionato trala súa participación no Campionato Galego absoluto, celebrado en Ferrol o pasado mes de outubro, e no que obtivo tamén a medalla de ouro. Logo da súa victoria en Navarra, a judoka rosaleira viaxou a Potsdam para participar no Campionato europeo Sub-23.

Tamén competiron no campionato de España o tomiñés Brais Pereira Amorín, que a acadou o posto 7, e a guardesa Noa González da Costa Evangelista, que acadou a medalla de bronce na categoría de -78kg. González adestra tamén no C.D Baixo Miño, situado na Garda, que conta cunha ampla traxectoria de éxitos na formación de pequenos e pequenas judokas.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de deportes, José Carlos Martínez Crespo, fixéronlle entrega dun ramo de flores a Verónica Pérez, en nome de toda a veciñanza do Rosal.

Tracking Pixel Contents