Comercio

Cañiza agasalla confianza este Nadal

O Concello e a Asociación de Comerciantes sortean 3.600 euros

D.p.

O Concello da Cañiza e a Asociación de Comerciantes da Cañiza presentaron, o pasado día 21, a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como “A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal”.

O Programa consiste en sortear entre aqueles clientes que fagan compras iguais ou superiores 20 euros no comercio local cañicense, un total de 3.600 euros en vales de compra.

A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2023 e xaneiro de 2024. Os primeiros sorteos realizaranse os días 22 e 29 de decembro de 2023, e os días 15 e 31 de xaneiro de 2024 terán lugar os últimos. En cada un dos sorteos serán distribuídos 18 premios de 50 euros cada un, en valesde compra de 10 euros.

Os vales poderanse empregar ata o vindeiro día 29 de febreiro do 2024, nos establecementos adheridos ao programa.

As persoas premiadas deberán gastar nas súas compras, como mínimo, o total do vale (10 euros), e non está permitida a devolución monetaria do mesmo.

As bases da campaña pódense consultar na web municipal.

Dende a organización lembran ás persoas usuarias do comercio local cañicense que non esquezan solicitar os seus boletos para participar no sorteo cando fagan as próximas compras para este Nadal.