Sociedade

Balance de ano solidario na Cañiza

O Concello entregou este ano máis de nove toneladas de alimentos

O alcalde Luís Piña e a traballadora social Rita Gulias.   | // D.P

O alcalde Luís Piña e a traballadora social Rita Gulias. | // D.P / d.p.

d.p.

A piques de rematar este 2023, os Servizos Sociais Comunitarios da Cañiza fan balance das axudas entregadas ás 38 familias incluídas nos programas de acción social municipal. Foron entregados un total de 9.470,75 quilos de produtos de primeira necesidade, destinados ás unidades familiares, que percibiron unha media anual de 249 quilos de alimentos, así como produtos de hixiene e de limpeza.

A este respecto informou o Alcalde Luis Piña: “Neste ano o Concello adquiríu con fondos propios 2.655 quilos de alimentos e produtos de primeira necesidade, hixiene e limpeza, aos que hai que engadir outros 6.815,72 quilos, procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2023, promovido polo Ministerio de Interior do Goberno de España, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e Cruz Vermella”.

A adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD).