Acende o Xacobeo en Mos

Jorge Cremades dará esta noite as badaladas no Pazo de Mos

Jorge Cremades dará esta noite as badaladas no Pazo de Mos / l. c.

A Igrexa de Santa Baia e o Pazo de Mos acolleron o acto Acendemos o Xacobeo promovido por Turismo de Galicia da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, dentro da acción de iluminación de monumentos “CamiñodeSantiago2024” para dar a benvida ao novo ano, 2024.

Deste xeito, a fachada do Pazo de Mos e a Igrexa de Santa Baia permanecerán alumeados ata o 8 de xaneiro. Ilumináronse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo e a frecha amarela.

O acto contou cun concerto de Malvela, grupo mosense que estivo acompañado pola súa gran madriña, a tamén cantante mosense Uxía.

Neste concerto especial achegaron a nosa tradición musical das festas do Nadal e cantaron algunas das panxoliñas do seu exitoso disco “O Aghinaldo” dedicado aos Cantos de Nadal. Entre o repertorio incluíron o tema titulado “Nadal en Mos”, composto pola devandita cantante mosense e productora de Malvela, Uxía.

Ao remate, todos os asistentes puideron degustar delicias do mar ofrecidas pola food truck da Xunta do programa ‘Galicia sabe a mar’ e tamén dun chocolate con churros.

Tracking Pixel Contents