Música
Concerto de bandas sonoras para festexar Santa Icía en Tui
Será o sábado 25, ás 20 horas, no teatro municipal y A entrada será 1 k de alimento
l. c.
A Banda de Música Popular de Tui vai celebrar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, cun concerto solidario en beneficio de SOS Tomiño Baixo Miño protagonizado polas bandas sonoras. A cita será o vindeiro sábado, 25 de novembro, ás 20.00 horas no Teatro Municipal de Tui.
A agrupación tudense, dirixida por Eloy Carrera, preparou para a ocasión un repertorio cinematográfico no que interpretarán os temas de películas coma “Et” ou a saga de “Star Wars”, xunto “O rei León”, “Os vengadores”, “Aladdin”, ou o tema “Recórdame” de Coco. Non faltarán tampouco as composicións coas Morricone puxo banda sonora a outros filmes, ou melodías de Century Fox, Pixar ou Loney Toons. Os personaxes desta películas formarán parte tamén do concerto con proxeccións audiovisuais ou diversas recreacións.
Trala súa participación no Certame Galego de Bandas de Música en Narón, onde acadaron o terceiro premio da súa categoría, o medio centenar de compoñentes da Banda de Música Popular de Tui céntranse agora nos ensaios do repertorio que ofrecerán o próximo día 25.
Solidariedade
Este será amais un concerto solidario xa que a entrada ao mesmo consistirá nun quilo de alimentos que irá doado a SOS Tomiño – Baixo Miño. Leite, cacao, legumes en conserva, galletas, son algúns dos produtos máis demandados, pero tamén se poden entregar outros vinculados xa ás celebracións do Nadal.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta
- Nigrán énchese de música tradicional para cantar as letras