O vindeiro sábado, 30 de setembro, celebrarase a quinta edición da proba deportiva Ribeira do Tea, organizada polo Clube de Montaña os Caminhantes do Condado en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño e o Concello de Ponteareas.

Dende a pandemia non se celebraba esta proba de 16 quilómetros, con saída de Salvaterra e chegada a Ponteareas, a través dos nosos sendeiros co Río Tea como testemuña para os corredores da categoría absoluta e veteranos.

A proba sairá o vindeiro sábado ás 10.00 horas dende o recinto amurallado.

Máis información e inscricións en www.caminhantesdocondado.es.