Logo de ata teren que aprazalo en dúas ocasións polas previsións meteorolóxicas adversas, por fin se celebra estes días en Gondomar o Rilla na Rúa, edición Novecento, o pioneiro e mellor festival itinerante de foodtrucks de Galicia.
Un evento gastronómico ao aire libre con foodtrucks e un market vintage do máis colorido.
Dende antonte xoves e ata mañá domingo, no Parque da Coelleira podes desfrutar de comida rueira con gran variedade de oferta culinaria, doces e salgados, actividades para toda a familia, mercado con postos de artesanía que ofrecen produtos feitos a man e música en directo.
O horario de apertura par hoxe sábado e mañá domingo será dende o mediodía (12.00 hroas) ata peche.
Os máis pequenos da casa terán tamén o seu propio espazo. Carreiras de sacos, minigolf, concurso de danza e moitas máis son as actividades preparadas para o público infantil. Hoxe sábado e mañá domingo, en horario de mañá (de 12.30 a 14.30 horas) e de tarde (de 18.00 a 20.00 horas) a diversión para a cativada está asegurada.