Rematou agosto e con el o campus de conciliación e os cursos de natación que se ofertaron este verán en Salvaterra de Miño. Máis de 200 nenas e nenos participaron no campamento cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e preto de 160 nos cursos de natación dirixidos pola Asociación ADA.

Para celebralo organizaron unha xornada con inchables de auga e xogos a modo de festa de despedida rematando coa tradicional entrega de diplomas de natación, un recoñecemento ao obxectivo cumprido coa cor correspondente que lles outorga o nivel acadado.

O campus de verán comezou o 3 de xullo no CEIP Infante Felipe e súmase aos programas de conciliación para as familias. Distribuíuse en catro quenda dunha quincena cada unha e ofertouse tamén a posibilidade de aula madruga e comedor.

En canto aos cursos de natación, impartidos pola Asociación ADA na piscina municipal da Canuda, leváronse a cabo en dúas quendas, unha en xullo e outra en agosto, co obxectivo de mellorar as habilidades no medio acuático á vez que se desfruta de xogos

As vacacións do verán supoñen en moitos fogares unha gran dificultade para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como vén facendo durante xa varios anos, realiza este tipo de actividades dentro do seu programa de conciliación.