Gondomar acollerá o vindeiro domingo, 10 de setembro, a XXIII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, organizada polo Club Ciclista Gondomar. A proba deportiva sairá da Praza Paradela ás 9.00 horas cun percorrido de 107 quilómetros.
Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da proba, de 7.45 a 8.45 horas. O prezo da inscrición é de 20 euros para os participantes federados, de 25 euros para aquelas persoas con carné ciclista ou triatlón, e 30 euros, para os non federados. Estes son os prezos a día de hoxe; segundo se vaia achegando a data da marcha iranse encarecendo.
Do 1 ao 7 de setembro os prezos encareceranse 5 euros para todas e todos; federados, non federados e con carné ciclista ou triatlón.
Só se farán inscricións o día da marcha a ciclistas federados e o prezo será de 30 euros.
A inscrición pode formalizarse na web da federación (www.fgalegaciclismo.es) e para calquera dúbida ou incidencia pódese contactar no mail tecnicos@fgalegaciclismo.es
A proba é aberta a todas e todos os que queiran cun límite máximo de 300 cicloturistas.
O prazo para inscribirse pecharase o xoves, 7 de setembro, á medianoite.
Nesta nova edición participarán as categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Elite UCI, Elite Fem., Elite, Cicloturismo, Cadete, Adaptado.
Con dous tramos libres, a proba terá un desnivel de 1.458 metros acumulados.
En la prueba habrá tres avituallamientos. En Vilachán do monte será líquido; en Amorín será sólido y líquido y, de nuevo, ambos no alto do Aloia.
O Concello de Gondomar acolle esta cita deportiva que serve para promoción do municipio e para dar a coñecer a hostalería e o patrimonio local.
Os participantes poderán pasar un día gozando dun dos seus deportes favoritos, desfrutando das magníficas paisaxes incluídas no percorrido escollido nesta edición.