O Departamento de Turismo do Concello de Gondomar amplía o seu servizo co punto de información turística situado no parque de A Feira. Esta oficina prolonga o seu horario con respecto a anos anteriores e permanece aberta de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e, como novidade agora tamén, en horario de tarde de 16.30 a 19.00 horas.

Neste punto tanto os visitantes como os residentes dispoñen de información sobre Gondomar e a súa contorna, ofrecendo un modelo de atención apoiado nas novas tecnoloxías.

O Concello de Gondomar lembra unha das últimas actuacións nesta materia, a presentación en Fitur, dunha nova guía turística e dun novo rueiro que tamén están a disposición nesta oficina.