Praias

O Muíño e Area Grande volven lucir bandeira azul

O Muíño e Area Grande volven lucir bandeira azul

O Muíño e Area Grande volven lucir bandeira azul

As praias de O Muíño e Area Grande no Concello da Guarda recibiron este verán o distintivo de Bandeira Azul outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, como recoñecemento a súa calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Para elo o Concello conta cun cadro de persoal de servizo formado por catro socorristas contratados.

Concedeuse tamén a distinción “Sendeiro Azul” á unión das sendas que percorren a costa de A Guarda entre estas dúas praias e ademais da Bandeira Azul na Praia de O Muíño, izouse o distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente, que recoñece o esforzo da limpeza manual das praias, respectando o delicado ecosistema dunar como espazo protexido Red Natura 2000 na que se encontra integrado dito areal.

Tracking Pixel Contents