Conferencias

Cultura, historia e literatura a debate en Sabarís

Os xoves hai unha cita ás 20 horas no mercado

l. c.

Aquelas persoas que se pasen os xoves do verán, ás 20.00 horas, polo multiusos do Mercado de Sabarís poderán asistir a diversas conferencias con relatores de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o país.

Organizadas pola Concellería de Cultura de Baiona e coordinadas por Antonio Piñero, estas conferencias pretende “ser unha cita obrigada para os amantes do faladoiro con catedráticos de primeira orde que nos introducirán en temas de actualidade e interese xeral”.

O ciclo xa se abriu o pasado día 20 e quedan por diante outras tres citas xa en agosto. O vindeiro xoves Juan Curráis Porrúa falará da “Reforma de Lutero e a contrarreforma católica. Proxección actual”. O día 10 a conferencia correrá a cargo de David Hernández de la Fuente e versará sobre “Animais, monstros e marabillas no mundo grego e romano antigo”. E para rematar, o xoves 17 de agosto Francisco Ledo Lemos presentará a “O Primeiro Home de Europa que falou de si mesmo. O poeta grego Hesíodo do Século VIII a.c.”.

Tracking Pixel Contents