Festas

Baiona prepárase para celebrar a Virxe da Anunciada

A inscrición para participar nas cucañas marítimas e na comparsa de xigantes e cabezudos estará aberta ata o día 3

Xigantes e cabezudos polo casco histórico de Baiona.   | // FDV

Xigantes e cabezudos polo casco histórico de Baiona. | // FDV / l. c.

l. c.

Existe unha celebración referente do verán de Baiona, unha cita ineludible, a festa na honra á Virxe da Anunciada, que terá lugar a vindeira semana, os días 4, 5, 6 e 7 de agosto. Con tal motivo, o Concello iniciou os preparativos festivos abrindo o prazo de inscrición para participar nos tradicionais xogos de cucañas marítimas e na comparsa de xigantes e cabezudos. As persoas interesadas teñen ata o vindeiro xoves, día 3, para anotarse ben de xeito presencial no rexistro da casa consistorial, ben a través da sede electrónica. As bases e a documentación a achegar pode consultarse na web www.baiona.gal.

As cucañas marítimas serán o domingo día 6, a partir das 17.00 horas, no porto pesqueiro. Nelas poderá participar calquera persoa maior de idade e os maiores de 12 anos con autorización. Establécense dous premios: Bandeira normal (10 euros) e Bandeira especial (20 euros).

Por outra banda, a comparsa de xigantes e cabezudos percorrerá neses días festivos, o sábado 5 e o domingo 6, ás rúas do centro histórico da vila. Neste caso tamén poderán participar os maiores de 12 anos. A comparsa estará composta por dez cabezudos (A Ratiña, Popelle, Demo, Napoleón, Negro, Negra, Pallaso cabeza grande e Pallaso cabeza pequena, o Gato cabeza pequena e a Bruxa cabeza pequena) e dous xigantes (o rei e a raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido polo casco antigo de Baiona. Establécese dous premios: cabezudo (30 euros) e xigante (150 euros).

Concertos

Dende a Concellería de Festexos xa deron a coñecer a programación para eses catro días. Rosario Flores coa súa banda, Ana Guerra co seu espectáculo “Si me quisieras” e El Arrebato encabezan o cartel dos grandes concertos. Actuarán no Parque da Palma logo de Tonichi&Pacheco o venres 4, La Franga o sábado 5 e La Patrulla o domingo 6, respectivamente.

O luns día 7, festa infantil con música e xogos.

Tracking Pixel Contents