O Concello de Gondomar participou na homenaxe que o Gondomar Fútbol Base lle fixo a Javier Martínez, coordinador e adestrador do club, recentemente falecido. Por outra banda, dende o consistorio aplauden o ascenso á máxima categoría galega das futbolistas do equipo filial.
