Cultura

Ana Abad presenta en Porriño “A nunca vista”

Gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia y Coordina o club de lectura da biblioteca

A edil de Educación, Carolina González, a escritora Ana Abad, o alcalde, Alejandro Lorenzo, a dramaturga Irene Moreira, Roberto Pascual, director artístico da MIT, e o edil de Cultura, Bienvenido Estévez.   | // D. P.

A edil de Educación, Carolina González, a escritora Ana Abad, o alcalde, Alejandro Lorenzo, a dramaturga Irene Moreira, Roberto Pascual, director artístico da MIT, e o edil de Cultura, Bienvenido Estévez. | // D. P. / l. c.

l. c.

“A nunca vista”, de Ana Abad de Larriva, texto gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, en 2022, publicado pola editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, foi presentado no centro cultural do Porriño. O acto foi un encontro e diálogo aberto entre as persoas asistentes onde se afondou sobre a obra, que aborda o problema relacionado co peche familiar de persoas con diversidades ou fóra do canon estético social imposto. Unha temática moi conectada coa antropoloxía cultural galega e dun gran poder emocional.

A autora amosouse moi contenta de presentar o libro no Porriño. “Para min é como unha segunda casa”, explicou Ana que dende hai anos coordina o club de lectura da biblioteca municipal. “Aquí presentei o meu primeiro libro, “A sombra das árbores”, que resultou gañador do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais convocado polo IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e a editorial Galaxia, e por iso quería tamén presentar aquí esta obra”.

No acto, que presentou o alcalde, Alejandro Lorenzo, interviñeron tamén Roberto Pascual, director artístico da MIT e dramaturgo, e a porriñesa Irene Moreira, directora de escena.