O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.

A actividade desenvolverase mañá domingo a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o grupo desprazarase ata Fornelos para a limpeza da Ponte da Parraporrosa e na Ponte da Pedra. As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa.