Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de 25 plans de lecer na antesala da Festa de Corpus

Gran afluencia de público nunha actuación do Combo Dominicano.

Gran afluencia de público nunha actuación do Combo Dominicano. / FdV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

V. palleiro

[Ponteareas]

Os portais alfombristas de Ponteareas están traballando a pleno rendemento desde fai semanas para contar con todo o material vexetal e floral a punto para colorear os deseños das alfombras de Corpus 2023.

A Festa de Interese Turístico Internacional de Ponteareas vaise celebrar a vindeira fin de semana; dende a tardiña do sábado 10 de xuño, cando se comezarán a perfilarse os tapices de flores, durante todo o domigno e ata o luns, 12 de xuño, festivo local, cando se rende homenaxa aos alfombristas falecidos.

Con todo, a programación festiva comezou xa onte na Vila do Tea e continuará durante toda a semana vindeira ata os días grandes de arrecendos florais e auténticas pezas de arte sobre o asfalto.

A tradicional presentación da revista Pregón foi onte, ás 20.00 horas, na sala multiusos do auditorio municipal, que contará tamén coa actuación musical de ‘Tríade’. Ás 20.30 horas haberá animación musical nas rúas a cargo do grupo folclórico “San Salvador de Padróns”.

Redondela vuelve a vestirse de flores, color y baile

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor

Suscríbete

¿Ya eres premium? Inicia tu sesión aquí aquí

Antonio Pinacho

Mañá, tras a inauguración da exposición “150 aniversario da Banda Unión de Guláns”, o psicólogo criminalista Jorge Sobral lerá o pregón do Corpus Christi 2023. Será ás 12.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal.

O luns 5 comezará a animación musical nas rúas, que ese día será a cargo da agrupación folclórica ‘Algazara’, o martes 6 do grupo folclórico da Casa Cultural de Areas, o mércores 7 de Os Muíños de Oliveira, o xoves 8 de ‘Senfol’ e o venres 9 do grupo ‘Pedra da Garza’. Todas as actuacións comezarán ás 20 h e percorrerán os distintos portais alfombristas.

Será ese mesmo venres 9 cando arranque a fin de semana grande desta Festa de Interese Turístico Internacional coa inauguración da exposición ‘Corpus en Flor’ ás 21.00 h no vestíbulo do auditorio e co concerto ás 21.30 h da Banda de Música Xuvenil de Xinzo na Praza Fernández Vega. Será a antesala de dous días cheos de alfombras, traballo e moita ilusión en todos os tramos da vila. O sábado 10 a partir das 18.00 h comezarán os traballos de confección das diferentes pezas de arte floral, que durante toda a noite estarán acompañados de animación musical en diferentes puntos da vila.

O pregoeiro,o psicólogo criminalista, Jorge Sobral.   | // D.P.

Gran afluencia de público nunha actuación do Combo Dominicano. / FdV

Xa o domingo 11 ás 10.30 h terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello coa actuación da Agrupación Musical Nosa Señora. do Carme, que ás 12.30 horas acompañará a tradicional procesión do Corpus Christi. Pola tarde a música, a ledicia e a cor volverán encher as rúas dende as 19.00 h co tradicional desfile de carrozas e a batalla de flores. A música regresará ás 21.30 h á Praza Bugallal, así como á Praza Maior coa verbena da orquestra Gran Parada dende as 23.00 h.

Festivo local

O luns 12 de xuño, a festa comezará ás 11.00 horas con inchables e actividades de animación infantil ata as 20.00 horas. A esa hora celebrarase a ofrenda floral diante do Monumento ao alfombrismo en memoria das e dos ponteareáns que tanto se implicaron na celebración da festa grande de Ponteareas. A entrega de medallas do Corpus no auditorio municipal ás 21.00 h, a animación musical no centro urbano e a verbena a cargo da orquestra Combo Dominicano ás 22.30 h na Praza Maior porán o broche de ouro a unha celebración que converterá un ano máis a Ponteareas en referente mundial da arte floral efémera.

En total serán máis de 25 plans de lecer na antesala da Festa de Corpus e nos propios días grandes de celebración programados para a veciñanza e os visitantes. “Haberá unha programación variada, atractiva e para todos os públicos que permitirá a todo o mundo mergullarse na maxia desta celebración”, destaca a alcaldesa ponteareá en funcións, Cristina Fernández Davila.

Tracking Pixel Contents