Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

A Escola da Banda de Tui ten aberta a inscrición para o vindeiro curso

Ofrece formación a partir dos tres anos e distintos instrumentos

A Escola ofrece formación en diversos intrumentos.   | // FDV

A Escola ofrece formación en diversos intrumentos. | // FDV / l. c.

l. c.

[Tui]

A Escola da Banda de Música Popular de Tui ten aberto o prazo de inscrición para o vindeiro curso académico 2023/2024, que dará comezo no mes de setembro.

As clases desenvolveranse nas instalacións que a agrupación vén de inaugurar en Guillarei, na que fora casa cultural.

As persoas que desexen formar parte da escola deben inscribirse canto antes na propia sede, escribindo un correo electrónico ao enderezo escola.bmptui@gmail.com, chamando ao teléfono 886 292851 ou vía WhatsApp no mesmo número.

A oferta educativa deste curso é ampla e adaptada a todas as idades e necesidades, podendo optar entre diversos instrumentos e materias. Así, ofrécese: música e movemento (de 3 a 7 anos), linguaxe musical, informática musical, solfexo para adultos, violoncello e contrabaixo, percusión, vento madeira (oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot) e vento metal (trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba).

Ademais, dende a Dirección da escola sinalan que conta “con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: conxunto instrumental e banda xuvenil.”

A Escola botou a andar o pasado curso e actualmente conta cunhas 40 persoas matriculadas, nenos, mozos e maiores, nas diferentes especialidades

De xeito paralelo, dende a Escola da Banda de Música Popular de Tui anuncian a celebración a vindeira semana de xornadas de portas abertas. Animan a que todas as persoas interesadas se acheguen a coñecer a escola e sexan partícipes dunha mostra gratuíta de clases de música.

Así, de cara precisamente a organización do vindeiro curso a escola ten previsto a realización dunhas xornadas de portas abertas para ensinar os instrumentos de vento e corda, a cargo de profesores da propia escola. Unhas xornadas que non están pensadas só para os máis cativos, senón tamén para aquelas persoas adultas que queiran sumarse á aprendizaxe musical.

Estas xornadas serán dende o vindeiro luns, día 5, ata o sábado, 10 de xuño nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, situadas en A Gándara, 30, Guillarei. Esta actividade ten como obxectivo achegar a escola a toda veciñanza.

O alumnado que este interesado pode anotarse na propia escola ou poñéndose en contacto no correo escola.bmptui@gmail.com ou ben chamando ao número teléfono 886292851 ou vía WhatsApp no mesmo teléfono

Tracking Pixel Contents