Ensino

Viaxes a Reino Unido para os mellores estudantes de Salvaterra

O Concello convoca a 18 edición dos seus Premios de Educación

Reparto de lotes informáticos entre os premios.   | // FDV

Reparto de lotes informáticos entre os premios. | // FDV / D.P.

D.P.

O Concello de Salvaterra de Miño convoca un ano máis os “Premios de Educación”. Esta iniciativa naceu co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, o esforzo, a participación e a convivencia.

Un proxecto que acada a 18ª edición e é froito da interacción e colaboración entre os centros educativos do municipio e o Concello. Toman parte neste concurso o alumnado do instituto de educación Secundaria e dos tres centros de educación Primaria de Salvaterra de Miño (CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares), en todos os seus finais de etapa.

Os premios serán, por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unha tablet con funda e memoria micro SD 64gb, para os alumnos do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para @s alumn@s de 6ª de Primaria de cada un dos tres centros educativos de Primaria do Concello.

Para o alumnado de 2º de Bacharelato concederanse tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing (costa sur do país) ao obxecto entre outros de perfeccionar a lingua ingles, así como a inmersión na cultura.