DEPORTE
Tenis, fútbol e naútica en Baiona
O Concello dá a coñecer a súa axenda deportiva
l. c.
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, deseñou unha ampla axenda deportiva para os próximos meses. A cita máis inmediata será o vindeiro sábado, 27 de maio, coa II Xornada Lúdica de Tenis de Mesa, de 10.00 a 12.00 horas no pavillón municipal.
Xa para o mes de xuño están programados, o día 10 o XV Torneo de Tenis Escolar; o 10 e o 11 o Torneo Fútbol Sala Vila de Baiona Senior e o 16, 17 e 18 categoría base.
Para complementar o peche do curso 2022-2023 das Escolas Deportivas Municipais programouse para o día 17 de xuño a xa tradicional viaxe ás Cíes. Ese mesmo sábado será o Campionato de España e Galego de Pádel Surf, a carreira de orientación “Vigo Orienta” e a Regata Solar Marine Instruments.
Semana azul e verde
E para os máis pequenos da casa organízase a última semana de xuño, do 26 ao 30, a campaña de fomento dos deportes náuticos “Semana Azul 2023” e a acampada escolar “Semana Verde” na Praia e no Cámping da Ladeira.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- Arbomostra volve abrir os días 26, 27 e 28 de abril
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño