Dinamización

Obradoiro de cociña infantil no mercado de Ponteareas

Nenas e nenos, a partir de 5 anos, deben inscribirse para participar o 27de maio

Participantes nun obradoiro  de cociña infantil.   | // FDV

Participantes nun obradoiro de cociña infantil. | // FDV / D.P.

D.P.

Os nenos e nenas de Ponteareas aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

A través desta campaña, o Concello organiza un obradoiro de cociña infantil para cativos e cativas a partir dos 5 anos o vindeiro sábado 27 de maio, unha actividade que terá lugar de 11.00 a 12.30 horas no mercado municipal de Ponteareas.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, anima “a todos os pais e nais do concello a que veñan cos seus fillos e fillas a compartir unha mañá diferente na que aprenderán a preparar divertidos pratos e a gozar da cociña”.

Para participar é necesaria a inscrición no teléfono o 618 705 635 ou correo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal.

Os clientes do mercado recibirán ademais un agasallo polo Día Internacional do Mercado.