Patrimonio
Sae á luz o libro “Un paseo por Gondomar”
Dá a coñecer as 10 parroquias da man dun trasno

Paco Ferreira coas integrantes do grupo Solaina. | // D. P.
l. c.
O Concello de Gondomar publica un libro no que dá a coñecer o patrimonio arqueolóxico, cultural e ambiental do municipio. Trátase de “Un paseo por Gondomar” no que o grupo Solaina, integrado por tres nais emprendedoras do Val Miñor, narra a historia dun pequeno trasno da Casa Peralba, de nome Diego, que atopa escrito no libro máis vello da biblioteca que no próximo eclipse de lúa un Trasno de Lume virá queimar Gondomar. A partir de aí entre petróglifos, muíños, ríos, pontes e pazos buscará incansable, nas súas dez parroquias, axuda para loitar contra este terrible meigallo a través de experimentos científicos.
Un libro para nenos e maiores de 108 páxinas a cor, con actividades científicas e medioambientais para xogar e aprender en familia.
“Un paseo por Gondomar” está escrito pola poeta e escritora Soledad García, ilustracións da pintora Laine Villero, maquetación da deseñadora Natalia Guisande e revisión lingüística por Isabel Acea.
O alcalde Paco Ferreira sinalou que “Un paseo por Gondomar” será “un instrumento moi valioso para os colexios da comarca e servirá de base para a realización de actividades medioambientais e turísticas e así reforzar a potencia cultural de Gondomar e hábitos de vida saudables nas dez rutas coas que conta o libro”.
A entrega farase nun acto moi especial mañá, 23 de abril, Día Internacional do Libro, de 17.00 a 19.00 horas, na praza de Rosalía de Castro onde se realizarán obradoiros científicos da man de Ciencias e Movemento.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo