Deporte

A proba “Corre x Salceda” celebrarase o domingo 7 de maio

A inscrición está aberta ata o día 3 na páxina web www.championchipnorte.com

Presentación da carreira “Corre x Salceda”.   | // FDV

Presentación da carreira “Corre x Salceda”. | // FDV / l. c.

l. c.

A carreira popular “Corre por Salceda” chega á súa décima edición consolidándose como un dos eventos máis importantes do calendario deportivo de Salceda de Caselas.

A proba que se celebrará o domingo día 7 de maio desenvolverase polo trazado das rúas do casco urbano, así como por algunhas sendas do municipio. Haberá categoría absoluta (anos 2007 e anteriores) que farán un percorrido de 10 (puntuable para o Circuíto Galego de Carreiras Populares) ou 5 quilómetros, con saída conxunta ás 10.30 horas; categoría A (anos 2008, 2009 e 2010) de 2,5 km, con inicio ás 10.35 horas e o resto de categorías (escolares e menores), con saída a partires do mediodía.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na páxina web www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio. Para máis información poden consultar o portal www.deportesalceda.gal ou dirixirse á Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais, organizadoras da proba, na que colaboran numerosas persoas voluntarias, a Policía Local e a Agrupación Local de Protección Civil de Salceda de Caselas.