Cea-cóctel

Gala benéfica en Salvaterra polos damnificados dos sismos de Turquía e Siria

Será o 28 de abril, ás 21.30 horas, en La Val

Vivendas derruídas polos terremotos.   | // FDV

Vivendas derruídas polos terremotos. | // FDV / D.P.

D.P.

Gala Benéfica Salvaterra é un proxecto organizado por un grupo de empresarios de Salvaterra, abatidos polas imaxes que chegaron de Turquía e Siria, tras os desastrosos terremotos sucedidos alí. O obxectivo desta gala é recadar o máximo posible e facer chegar os fondos aos damnificados. O recadado será xestionada pola ONG IAE, e será destinada á adquisición de contedores vivenda.

A gala benéfica será o venres 28 de abril ás 21.30 horas. Unha cea cóctel con actuacións musicais no salón principal de Adegas La Val, en Salvaterra.

As entradas están a disposición nos restaurantes A Miña Lareira, A Ojiva, A Cantinera e nas cafeterías O Que Queda do Día, A Broa e Centro Cultural Casal. Ademais pódense reservar no teléfono 691 18 51 00.