Arte

David Cabaleiro expón en Mos

David Cabaleiro expón en Mos

David Cabaleiro expón en Mos

O pintor e escultor David Cabaleiro expón unha selección das súas mellores obras no Pazo de Mos. Baixo o título “Fantasías do camiño”, o artista vigués amosa unha recompilación escultórica e pictórica na que se pode contemplar as diferentes técnicas que domina.

David Cabaleiro expón en Mos

David Cabaleiro expón en Mos

Tanto en cadros como en esculturas, a súa forma de ver o mundo que o rodea, de transcribir a pincel todos os seus pensamentos, son os que dan forma a un estilo novo, reivindicativo e cargado de significado en cada unha das súas obras. De gran agudeza visual, David Cabaleiro é capaz de rodearse de animais esculpidos en madeira ou de mimetizarse coa paisaxe e a arquitectura da súa terra.

O acto inaugural contou coa actuación dos violinistas Priscila Rodriguez Cabaleiro e Petar Manchev. A exposición de arte estará aberta ao público ata o vindeiro 5 de maio.