Arbo inicia a súa Festa da Lamprea internacional

Abraham Cupeiro e a Banda de Música de Arbo, en concerto hoxe, ás 18h e 20h. | // ANXO GUTIÉRREZ / verónica palleiro
verónica palleiro
Arbo, capital da Lamprea, engalánase para festexar a 63 edición da súa gran celebración gastronómica. A fin de semana grande da primeira Festa da Lamprea de Arbo, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional, será a vindeira; os días 28, 29 e 30 de abril. Nembergantes, a programación festiva comeza hoxe mesmo e continuará mañá.
O músico multinstrumentista e construtor, de sona internacional, Abraham Cupeiro dará un concerto dobre coa Banda de Música de Arbo esta tarde no Auditorio do centro multiusos da localidade. O primeiro ás 18.00 horas e o segundo, ás 20.00 horas. (Con reserva previa). Mañá, ás 18.00 horas, será a Gala da Lamprea, de novo no multiusos, coa actuación de María do Ceo.
A LXIII Festa da Lamprea de Arbo en sí comezará o venres 28 de abril, a partir das 17.30 horas, coa inauguración oficial da Arbomostra 2023; acto que dará paso ás 18.00 horas á saída do pasacalles a cargo da charanga Noroeste.
Na Arbomostra haberá casetas de degustación de lamprea nas súas distintas modalidades de preparación, seguindo as receitas que se conservan xeración tras xeración. Sen dúbida, a máis apreciada nestas datas é a lamprea á arbense, que so se pode saborear en tempada, cociñada no seu propio sangue e acompañada con pan fritido e arroz branco empapado da súa exquisita salsa.
Pola noite, o vindeiro venres, na praza do consistorio, celebrarase unha gran verbena amenizada pola orquestra La Fórmula, e na rúa Luís Cubelas actuará a orquestra Los Satélites.
O sábado 29, a animación festiva comezará ás 11.00 horas co rueiro da Banda de Música de Arbo e a apertura da Arbomostra 2023.
Ás 12.30 horas será a recepción das autoridades na casa do concello, dando paso, ás 13.00 horas á lectura do pregón a cargo do ex xogador de balonocesto, Fernando Romay.
De novo, poderá degustarse lamprea e viños da localidade, a prezos populares, ademais de outras alternativas como polbo ou embutidos.
A partir das 15.00 horas será o Xantar da Lamprea, no que se servirá este peixe prehistórico, elaborado de múltiples maneiras co bo facer das cociñeiras e cociñeiros de Arbo, acompañado dos viños de Arbo D.O. Rías Baixas.
Pola tarde, ás 17.00 horas, os asistentes gozarán coa animación da charanga Cantos Somos e ás 19.00 horas será a actuación do grupo folclórico Asociación Cultural A Barca de Loimil, na praza Consistorio.
A noite do sábado será de gran verbena. Estará animada pola orquestra Paris de Noia, na praza Consistorio, e New York na rúa Luís Cubelas.
O domingo, 30 de abril, ás 11.00 horas, abrirá de novo a Arbomostra e haberá actuación da Banda de Música Unión Musical de Valadares con rueiro. Esta mesma formación ofrecerá un concerto ás 12.00 horas na praza Consistorio. Ás 13.00 horas actuará o grupo Asociación Cultural A Barca de Loimil.
Avanzada a tarde, ás 17.00 horas actuará a charanga Encerellados, e percorrerá as rúas da localidade e, ás 20.00 horas, o grupo Dous Tipos actuará na carpa da Arbomostra.
Pola noite, última verbena con grandes orquestras. Olympus actuará na Praza Consistorio e Cuarta Calle amenizará a verbena da rúa Luís Cubelas.
Gala da Lamprea
O auditorio de Arbo acollerá mañá, ás 18.00 horas, a Gala da Lamprea,na que ademais do concerto de María do Ceo, outorgarase o recoñecemento de Arbense Distinguido a dous veciños de Sela, e tamén se entregarán os premios dos diversos certames de debuxo, redacción e fotografía.
O pleno de Arbo aprobou, a proposta da Alcaldía, nomear Arbenses Distinguidos 2023 a Valentina Ana María Morales Reula e a Germán Álvarez Blanco.
Ámbolos dous veciños da parroquia de Sela e moi queridos polos arbenses. Os dous realizarón unha importe labor a favor do municipio.
Coñecida como Anita, Valentina Ana María Morales está considerada unha fiel defensora dos dereitos da muller, pioneira no eido da ensinanza, da cultura e do asociacionismo, en agradecemento pola labor desenvolvida en prol de Arbo, e da súa parroquia de Sela, tanto na posta en valor dos seus recursos como polo seu compromiso cos arbenses.
Pola súa parte, coñecido como Don Germán, o doutor e mestre Germán Álvarez, durante 60 anos, atendeu en Sela, no consultorio que tiña na casa familiar. Prestou atención médica a toda persoa que o necesitou, de maneira altruísta. Ademais, axudou a centos de persoas a atopar traballo ou a promocionar.
Por outra banda, na gala farase entrega dos premios dos concursos da LXIII Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, e ao alumnado do CEIP Antonio Carpinteiro gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea.
Na categoría do deporte tamén se entregarán galardóns na disciplina de patinaxe e en fútbol aos alevins do Arbo, C.F que un ano m ao equipo de Alevín e Biberóns do Arbo, que un ano máis quedarón campións de liga.
- El «Vigo Arena», llamado a saldar una deuda histórica: la ciudad olívica es la única gran urbe española sin un recinto cubierto para eventos multitudinarios
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- La flota teme una nueva expulsión en África por la falta de acuerdo con Mauritania: ya hay barcos repatriados y a la venta
- ¿Confundió David Bisbal la bandera de Galicia con la de Argentina al cantar el tema del Mundial?
- Varapalo del Tribunal Supremo a la eólica en Galicia: anula la autorización del Gobierno al parque Moeche por no tener en cuenta el impacto conjunto con otras instalaciones
- Borja Iglesias, el niño que quería ser Fernando Torres
- El grito eterno del minuto 106