Economía

Salvaterra Net-Zero, para compensar as emisións

Un proxecto para investir nos montes da localidade pola pegada de carbono

Plantación en Salvaterra.   | // FDV

Plantación en Salvaterra. | // FDV / v.P.

v.P.

O Concello de Salvaterra de Miño presentou o proxecto Salvaterra Net-Zero, un programa colaborativo para avanzar cara á sustentabilidade, o compromiso social e a economía circular.

Salvaterra Net-Zero foi presentado pola alcaldesa, Marta Valcárcel, e David Lemos, representante de AirCO₂, -plataforma colaboradora no proxecto-, quen explicaba: “Omercado voluntario de carbono establece que todas as entidades profesionais teñan a oportunidade de compensar as súas emisións contribuíndo económicamente a proxectos de absorción natural. Salvaterra Net-Zero, ao apostar polos propios montes do concello como receptores de compensación, ábrelles as portas ao mercado do carbono e dá maior valor e impacto ás estratexias ambientais dos negocios locais”.

O proxecto facilita a conversión de empresas, comerciantes e hostaleiros a empresas neutras en carbono, grazas a condicións máis accesibles e a un plan de compensación local polas súas pegadas de CO2₂ nos bosques da zona. Deste xeito, a súa evolución cara marcas de emisións netas cero xera unha nova fonte de ingresos para os propietarios forestais e comunidades de montes circundantes, que ao vender o CO2₂ absorbido polas súas árbores ás empresas veciñas disporán de recursos económicos para unha mellor xestión forestal.