Máis de 120 rapaces e rapazas que conforman o grupo de Titoría entre Iguais (TEI), alumnos e alumnas de FP Básica de Carpintería e o grupo de pandereteiras do IES Salvaterra, participaron na plantación de máis de 100 árbores no Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño.
O IES Salvaterra leva cinco anos conmemorando o día da árbore dun xeito totalmente colaborativo xunto as diferentes Comunidades de Montes do Concello, e este ano tocou no Monte Castelo.
Unha iniciativa que conta coa colaboración do profesorado, ANPA, Comunidade de Montes, Distrito Forestal, Empresa Raúl, dos alumnos e alumnas de Forestal do Obradoiro de Emprego e do Concello de Salvaterra de Miño.